O RC Celta B xa coñece o calendario de Segunda División B

A RFEF deu a coñecer este martes o calendario da nova Segunda División B. O RC Celta B debutará dentro do seu subgrupo o próximo 18 de marzo en Guijuelo. Os derbis galegos serán nas xornadas 2 e 11 (Racing de Ferrol), 3 e 12 (Pontevedra), 7 e 16 (Compostela), 8 e 17 (RC Deportivo), 9 e 18 (Coruxo).