O RC Celta consegue a permanencia na última xornada (0-0)

O RC Celta certificou a permanencia ante o RCD Espanyol (0-0) nun discreto partido no que os celestes notaron a acumulación de partidos. Os celestes xogarán por novena tempada consecutiva en Primeira División.

A primeira metade estivo marcada pola igualdade e o xogo concentrouse no centro do campo. Ambos os equipos tentaron achegarse á portaría rival pero as defensas impuxéronse aos ataques. O RC Celta contou con maior posesión e control de balón.

O segundo período comezou igual, cos xogadores de Óscar García buscando algún contragolpe que lles permitise adiantarse no marcador. O marcador non se moveu en todo o partido.

FICHA TÉCNICA

0 – RCD Espanyol: Oier, Pipa, Cabrera, David López (Naldo, min 79), Didac, Melendo (Vargas, mi 62), Roca (Sánchez, min 79), Pol Lozano Embarba, Nico (Pedrosa, min 79), Wu Lei (Camouzano, min 71)

0 – RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Olaza, Bradaric (Okay, min 77), Beltrán (Pape, min 88), Brais Méndez (Toro, min 86), Pione Sisto (Jacobo, min 88), Santi Mina, Aspas.

Árbitro: Cordero Vega (Cantabria). Amoestou a Didac (RCD Espanyol) e a Bradaric, Olaza (RC Celta)

Campo: RCDE Stadium