Primeiro Equipo

O RC Celta dota de seguridade e polivalencia a súa defensa coa chegada de Júnior Alonso

RC Celta

A defensa do RC Celta recibe experiencia, polivalencia e solidez coa chegada, cedido con opción de compra, de Júnior Alonso, internacional paraguaio procedente do Lille francés. Júnior Osmar Ignacio Alonso Mujica (Paraguai, 9-12-1993) é un defensa zurdo que desempeña con idéntica solvencia a función de central e lateral esquerdo e que ofrece agresividade, boa técnica e unha gran seguridade.

O defensor paraguaio atesoura pese á súa mocidade (25 anos) unha gran experiencia tanto na Liga francesa como na súa selección. Na Primeira División gala disputou un total de 46 partidos e anotou dous goles. Coa súa selección, Júnior Alonso xogou 18 encontros e marcou un gol. Ademais no seu club de orixe, Cerro Porteño, disputou numerosos encontros da Copa Libertadores e a Copa Suramericana.

O futbolista celeste destaca pola súa solvencia, velocidade e seguridade en defensa e pola súa capacidade e criterio para combinar e darlle continuidade ao xogo. O defensa internacional é o sétimo reforzo do RC Celta para a tempada 2018/2019 e o terceiro que chega para a zaga tralas incorporacións de David Juncà e Néstor Araujo.

O xogador será presentado ante os medios de comunicación o vindeiro luns 20 de agosto ás 13.00 horas e ás 13.30 atenderá á afección na tenda oficial de A Sede.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas