Novas club

O RC Celta e a súa Fundación reciben a unha expedición da prestixiosa Raha International School

RC Celta

abu_dabi_escuela_celta_sede_mourino_vigo.JPG

 

O RC Celta e a súa Fundación dan un novo paso adiante no establecemento de relacións tendentes a potenciar a súa presenza internacional coa chegada a Vigo dunha ampla expedición do prestixioso centro Raha International School de Abu Dabi. Un total de 28 nenos e nenas de entre 10 e 17 anos de idade do equipo de fútbol do mencionado centro, acompañados por distintos responsables da entidade, coñecerán de primeira man os métodos de traballo das categorías inferiores do RC Celta e participasen en diversas actividades e eventos organizados pola Fundación Celta. Esta visita é mostra ademais do gran crecemento do prestixio do club a nivel internacional en materia de formación de xogadores e implantación dos valores do deporte.

 

A expedición do centro de Abu Dabi foi recibida esta mañá na sede social do RC Celta polo presidente do club, Carlos Mouriño, quen lles entregou camisetas asinadas polos xogadores celestes e explicoulles a evolución do club no últimos dez anos e a súa firme aposta pola canteira.

 

Os mozos xogadores de Raha International School terán ocasión de enfrenarse a distintos equipos da canteira celeste e da comarca viguesa, asistir a distintas charlas formativas e a diversos partidos, así como a visitar enclaves da cidade. A visita concluirá o próximo seis de setembro.

RC Celta

Etiquetas

Novas club Novas club Novas club

Noticias recomendadas