Hemeroteca club

O RC Celta e AFAVI renovan o seu convenio de colaboración

RC Celta

AFAVI

Carlos Mouriño: “é un acordo moi importante para o Celta e o fútbol”

 

A firma da renovación do convenio que une ao Real Club Celta co fútbol basee de Vigo tivo lugar na sede social do club. Ao acto acudiron o presidente do club, Carlos Mouriño, o vicepresidente Pedro Posada, o conselleiro Antonio Rosendo, o director da Fundación, José María Goicoa, o coordinador da canteira, Toni Otero, o presidente de AFAVI, Daniel Costas, e os integrantes da directiva desta entidade.

 

Desta maneira, o Celta e Afavi, que aglutina a unha vintena de clubs da cidade de Vigo, manteñen unha colaboración iniciada fai tres anos cun acordo histórico para o fútbol vigués. Carlos Mouriño destacou que “é unha reafirmación no traballo que estamos a realizar. Temos un agradecemento especial para AFAVI. Eles inician o gran traballo de canteira que tan bos resultados está a darnos. É un convenio moi importante para o Celta e o fútbol”.

 

Pola súa banda, Daniel Costas, presidente de AFAVI, sinalou que “esta renovación profunda no entendemento e a confianza entre ambas as entidades. Esperamos seguir colaborando moitos máis anos e que nós podamos preparar mellor aos rapaces para que o Celta poida aproveitar o noso traballo”.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas