Santiago.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta empata na casa ante Osasuna (1-1)

RC Celta

RC Celta e Osasuna empataron este domingo en ABANCA Balaídos (1-1) no último partido da primeira volta. O conxunto celeste adiantouse no marcador por medio de Santi Mina e os visitantes lograron o empate no tramo final grazas a un cabezazo de Chimy Ávila.

O equipo de Óscar García dominou os primeiros 45 minutos do encontro, onde acumulou varias ocasións de perigo que non terminaron en gol por escasos centímetros. Xa na segunda metade, Santi Mina puxo en vantaxe ao RC Celta, que con todo non puido lograr o tres puntos tras un gol visitante na recta final.

FICHA TÉCNICA

1 – RC Celta: Rubén, Kevin, Aidoo, Costas, Olaza, Okay, Beltrán, Rafinha, Pione Sisto, Santi Mina e Aspas

1  – Osasuna: Herrera, Moncayola, Ariadne, David García, Estupiñán, Oier, Brasanac, Rubén, Torres, Adrián e Chimy

Goles: 1-0 Santi Mina, min 75; 1-1 Chimy, min 83;

Árbitro: Cuadra Fernández, do comité balear. Amoestou a Kevin, Beltrán, Rafinha (RC Celta) e a Estupiñán, Brasanac e Oier (CA Osasuna)

Campo: Abanca Balaídos

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas