elaliga-santander-logotipo.jpg
Celtismo

O RC Celta entra no mundo dos e-Sports e formará parte da eLaLiga Santander

RC Celta

O Real Club Celta dá un novo paso na súa constante evolución e procura de oportunidades. O club vigués entra no mundo dos e-Sports coa súa inscrición na próxima tempada da eLaLiga Santander, a competición oficial de EA Sports FIFA 20 Global Series en España na que participarán 33 clubs de Primeira e Segunda División.

eLaLiga Santander arrincará o próximo mes de febreiro cunha etapa de clasificatorios online na que miles de afeccionados competirán para pasar a formar parte dun club. Desde este martes 17 de decembro, todos aqueles afeccionados que queiran optar a ser o xogador oficial do Real Club Celta na competición poden inscribirse a través da páxina web oficial da competición (www.elaliga.gg).

O próximo 15 de febreiro, Madrid acollerá o Kick Off que dará o pistoletazo de saída á tempada da competición, onde, en exclusiva, os representantes dos clubs poderán gañar os seus primeiros puntos de face á clasificación xeral da competición. A partir dese momento celebraranse dous torneos online nos que os xogadores poderán inscribirse a través de www.elaliga.gg e participar para loitar por chegar ao segundo torneo presencial, o Mid Season, que se celebrará en Barcelona durante o mes de abril.

Coa chegada do mes de maio, eLaLiga Santander chegará ao seu final tras celebrar o seu terceiro torneo online durante o mes de abril. O próximo 9 de maio Madrid acollerá a gran final da competición oficial de EA SPORTS FIFA 20 Global Series en España onde se desvelará o campión desta terceira tempada.

O Real Club Celta dá un paso importante para cubrir unha demanda notable entre o seu público máis novo, a entrada do club no mundo dos e-Sports. Co Draft organizado por LaLiga, calquera celtista terá a oportunidade de competir para converterse no primeiro xogador oficial de videoxogos do club celeste. Inscríbeche no Draft do RC Celta AQUÍ.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas