lobotka.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta estrélase contra Messi (4-1)

RC Celta

O RC Celta caeu ante o FC Barcelona (4-1) nun partido no que os celestes deron unha boa imaxe sobre o terreo de xogo. Un hat-trick de Messi decantou o choque a favor dos locais.

A primeira metade estivo marcada pola igualdade. Tanto RC Celta como FC Barcelona tiveron tramos nos que dominaron o encontro. Foron os azulgranas os que se adiantaron no marcador grazas a un penalti transformado por Messi. Olaza igualou o partido grazas a un sensacional lanzamento de falta que foi rapidamente contestado de novo por Messi tamén de libre directo.

Nada máis comezar o segundo tempo o atacante arxentino ampliou as diferenzas con outro sensacional lanzamento de falta. Os xogadores de Óscar Gacía tentárono de todas as maneiras posibles pero non tiveron fortuna de face a gol. No tramo final Busquets anotou o tanto definitivo.

FICHA TÉCNICA

4 – FC Barcelona: Ter Stegen; Semedo (Busquets, min 20), Piqué, Umtiti, Junior; De Jong, Sergi Roberto, Arthur; Messi, Ansu Fati (Dembele, min 46); Griezmann (Suárez, min 72)

1 – RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Aidoo, Araujo, Olaza; Pape Cheikh (G. Fernández, min 80), Lobotka (Denis, min 75), Beltrán; Sisto (Brais Méndez, min 63), Juncà; Aspas

Goles: 1-0 Messi, min 20; 1-1 Olaza, min 40; 2-1 Messi, min 44; 3-1 Messi, min 48; 4-1 Busquets, min 84;

Árbitro: Cuadra Fernández, do comité balear. Amoestou a Umtiti, Messi, Sergi Roberto, Busquets (FC Barcelona) e a Beltrán (RC Celta)

Campo: Nou Camp

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas