O RC Celta xa coñece os horarios dos seus partidos ante Atlético de Madrid e Osasuna

LaLiga deu a coñecer esta semana os horarios das xornadas 35 e 36 nas que o RC Celta recibirá ao Atlético de Madrid en ABANCA Balaídos e visitará a Osasuna no Sadar. O conxunto celeste enfrontarase ao equipo branquivermello o vindeiro martes 7 de xullo ás 22.00 horas e visitará ao cadro navarro o sábado 11 de xullo ás 17.00 horas. Ambos os partidos serán retransmitidos por Movistar LaLiga.