O RC Celta medirase ao Southampton en Inglaterra o día un de agosto

O RC Celta comeza a perfilar os seus partidos de preparación durante a pretempada, que comezará o 9 de xullo nas instalacións deportivas de A Madroa O equipo celeste medirase ao histórico Southampton Football Club no St Mary’s Stadium o próximo día 1 de agosto ás 19.45h, hora local. O rival céltico milita na máxima categoría do fútbol inglés, a Premier League.