O RC Celta non pode cos elementos e cae en Mallorca (5-1)

O RC Celta perdeu en Mallorca un partido importante que quedou condicionado por un inexistente penalti que o colexiado De Burgos Bengoetxea sinalou ao comezo do encontro tras revisar o monitor. As imaxes mostran que non existe ningún tipo de contacto, pero o árbitro non cambiou a súa decisión inicial.

Tras o mazazo inicial, os xogadores celestes gozaron de varias ocasións que non puideron transformar e o equipo local aproveitou os ocos que se viu obrigada a deixar a zaga do RC Celta tras ir por detrás no marcador de maneira inesperada. A pesar diso, o conxunto de Óscar García non se atopou nada cómodo sobre o terreo de xogo desde o tanto inicial. Iago Aspas anotou o gol celeste.

FICHA TÉCNICA

5 – RCD Mallorca: Reina; Pozo, Valjent, Raíllo, Lumor (Gámez, min 40), Dani Rodríguez (Febas, min 73), Salva Sevilla (Trajkovski, min 82), Baba, Kubo (Lago, min 82); Cucho Hernández, Budimir (Chavarría, min 73)

1 – RC Celta: Rubén; Kevin (Aidoo, min 70), Murillo, Araujo, Olaza; Denis Suárez (Nolito, min 27), Bradaric, Okay Yokuslu (Smolov, min 46), Rafinha (Toro Fernández, min 70), Santi Mina (Brais Méndez, min 61), Iago Aspas

Goles: 1-0 Budimir, min 13; 2-0 Cucho, min 27; 3-0 Pozo, min 40; 3-1 Aspas, min 49; 4-1 Budimir, min 52; 5-1 Salva Sevilla, min 59;

Árbitro: Ricardo de Burgos Bengoetxea (Comité vasco). Amoestou a Valjent, Budimir, Gámez (RCD Mallorca) e a Gabriel Fernández, Murillo (RC Celta)

Campo: Visit Mallorca Estadi