pasodoble-13720.jpg
Novas club

O RC Celta recibe a partitura orixinal dun pasodobre de 1912 dedicado ao Vigo FC

RC Celta

Nova donación de gran valor histórico e sentimental para o Real Club Celta. Trala entrega por parte de Enrique Cerezo dunha placa de 1945 dedicada ao presidente de honor celeste Cesáreo González, o club recibiu unha partitura orixinal de principios do século XX composta en honor do Vigo FC, embrión do Vigo Sporting. A partitura, datada en 1912, foi enviada ao presidente celeste, Carlos Mouriño, por Jaime Rocha, a quen o RC Celta quere expresar o seu máis sincero agradecimiento por esta doazón que enriquecerá o museo celeste. A peza musical, en propiedade de Guillermo Rocha, avó do doante, chegou ao Celta a través do presidente do Cádiz CF, Manuel Vizcaíno, a quen o club tamén agradece a súa xestión e interese.

O pasodobre foi composto por J.Mouriño en honor do Vigo FC, que tivo a súa orixe no Vigo Sport Club, nacido en xuño de 1903. Foi fundado por alumnos da Escola de Artes e Oficios e cambiou de nome a Vigo FC en 1905. En 1913 fusionouse co Sporting Club de Vigo para denominarse Vigo Sporting Club. Da unión deste e o Fortuna naceu en 1923 o Real Club Celta de Vigo.

O RC Celta reitera o seu agradecimiento por estas doazóns que permiten completar e ilustrar a historia celeste e anima a aqueles celtistas en posesión deste tipo de pezas a que contribúan a enriquecer o museo do club poñéndoas ademais a disposición de todos os afeccionados.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas