O RC Celta retoma a devolución do importe das entradas ante o Vilarreal

O RC Celta renova este luns a devolución do importe a todos os afeccionados que adquiriron unha entrada para o partido de LaLiga ante o Vilarreal fixado inicialmente para o 14 de marzo en ABANCA Balaídos e que foi aprazado debido á alerta sanitaria xerada polo COVID-19.

Ao comprarse aquelas localidades de maneira presencial nas billeteiras de ABANCA Balaídos, a devolución realizarase no propio estadio e para recibir o reembolso será necesario presentar a entrada orixinal.

O horario das billeteiras é de luns a venres de 09.00 a 15.00 horas até o próximo 14 de agosto e de luns a venres de 10.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 horas a partir do 17 de agosto.