O RC Celta retoma os adestramentos este luns con 30 xogadores

O RC Celta regresa este luns aos adestramentos en A Madroa tras os case dous meses de parón provocados pola alerta sanitaria. En total serán 30 futbolistas os que se adestren ás ordes de Óscar García e o resto do corpo técnico. Do filial incorpóranse José Fontán, Yaw Yeboah. Dragan Rosic, Sergio Bermejo, Javi Gómez e Jacobo González.

Os xogadores volverán ao traballo cumprindo escrupulosamente os protocolos de seguridade marcados por LaLiga e polas autoridades sanitarias. Todos os citados, que chegarán ás instalacións coa roupa de adestramento xa posta dende os seus domicilios, dividiranse entre os dous campos de herba natural de A Madroa e adestrarán de maneira individual, a distintas horas e co suficiente espazo entre eles para manter a distancia de seguridade que determinan as autoridades sanitarias.