O RC Celta sementa, ensina e aprende en New York

hernangomezcelta.JPG

 

O nome do RC Celta tivo notable protagonismo no ámbito deportivo de New York coa visita realizada a diferentes clubs e institucións polo director deportivo celeste Felipe Miñambres. O responsable céltico mantivo diversas reunións de traballo para expoñer a metodoloxía da canteira e do primeiro equipo celestes con entidades como a Mayor League Soccer, encontros que lle serviron tamén para coñecer de primeira man as formulacións de traballo e desenvolvemento existentes en Estados Unidos e abrir a posibilidade de establecer futuras colaboracións.

 

Ademais, Miñambres visitou ao reputado equipo da NBA New York Knicks, gañador de dous títulos, e entregoulle unha camiseta celeste a un dos seus grandes valores, o pívot español Willy Hernangómez.

Leave a Reply

17 + 9 =