Hemeroteca club

O RC Celta tingue Vigo de celeste e lanza unha clara mensaxe: #ThisIsAfouteza

RC Celta

thisisafouteza.jpg

 

Partido único, ambiente extraordinario e unha cidade que vivirá e respirará celtismo en todos os seus recunchos. O RC Celta pon en marcha para tinguir de celeste, para pór un marco adecuado ao fantástico acontecemento que terá lugar o vindeiro xoves, unha serie de iniciativas encamiñadas a facer partícipes a cidadáns e afeccionados do fito histórico que vivirá Balaídos co partido de ida das semifinais da Europa League entre RC Celta e Manchester United.

 

Vigo, os seus símbolos, rúas, edificios? tinguiranse de celeste e emitirán unha mensaxe clara: “This is afouteza”, que se poderá ler nos estandartes que xa comezan a lucir nos farois do centro da cidade ou en máis de 60 mupis.

 

Varios centos de taxis e os autobuses urbanos de Vitrasa lucirán a cor celeste no seu interior con distintos elementos decorativos. O club, que seguirá lanzando iniciativas nos próximos días, pintará tamén de celeste o corazón de Vigo, no edificio da que será a súa sede social, cuxa cúpula se iluminará desde esta noite coa cor que identifica ao RC Celta.

 

Este edificio, El Corte Inglés e o Centro Comercial A Laxe mostrarán nas súas fachadas, nunhas grandes lonas, a mensaxe “This is afouteza”, mentres que na actual sede do club, en Praza de España, porase en marcha unha “conta atrás” para o partido, visible desde as rúas contiguas e a Avenida de Madrid.

 

Pola súa banda, o Concello engalanará diversos monumentos do centro e varias das fontes emblemáticas da cidade.

 

O RC Celta lanzará novas iniciativas nos próximos días con motivo desta histórica eliminatoria de semifinais da Europa League.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas