O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o CD Leganés

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 25 de LaLiga, na que o RC Celta enfrentarase ao CD Leganés. Os celestes recibirán ao equipo madrileño en ABANCA Balaídos o sábado 22 de febreiro ás 13.00 horas e Movistar LaLiga retransmitirá o encontro en directo.