O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o Sevilla FC

LaLiga deu a coñecer este xoves os horarios da xornada 23 na que o RC Celta recibirá ao Sevilla FC. O conxunto hispalense visitará o estadio ABANCA Balaídos o vindeiro domingo 9 de febreiro ás 18.30 horas e o partido será retransmitido por Movistar LaLiga.