O Valencia imponse ante un combativo RC Celta (1-2)

RC Celta cedeu en casa ante o Valencia CF (1-2) nun igualado encontro disputado en ABANCA Balaídos. Os celestes adiantáronse ao borde do descanso cun gol de Araujo e os valencianos déronlle a volta ao marcador na segunda parte.

A primeira metade arrancou co RC Celta facéndose coa posesión do balón e a Valencia CF esperando no seu campo para saír á contra. As ocasións sucedéronse en ambas as áreas e os porteiros tiveron que empregarse a fondo para evitar o gol. Un maxistral saque de esquina de Brais Méndez preto do descanso permitiu a Néstor Araujo inaugurar o marcador cun certeiro cabezazo.

A segunda metade estivo marcada pola igualdade. Os dous equipos trataron de aproximarse á área rival sen descoidar a súa. No minuto 70 o Valencia aproveitou unha das súas chegadas para igualar o marcador cun gol de Ferrán e Rodrigo, preto do final, puxo o 1-2 definitivo.

FICHA TÉCNICA

1 – RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Roncaglia, Araujo, Juncà; Lobotka (Beltrán, min 88), Jozabed; Boufal (Emre, min 70), Brais, Sisto (Hjulsager, min 81) e Maxi Gómez.

2 – Valencia CF: Neto; Piccini, Garay, Gabriel, Gayà; Carlos Soler (Ferrán, min 60), Parejo, Coquelin (Wass, min 78), Cheryshev (Gameiro, min 60); Santi Mina e Rodrigo.

Goles: 1-0 Araujo, min 39; 1-1 Ferrán, min 71; 1-2 Rodrigo, min 83.

Árbitro: González González, del comité castellano-leonés. Amonestou a Jozabed, Brais Méndez, Hugo Mallo e Roncaglia (RC Celta) e Soler, Paulista e Ferrán (Valencia CF)

Campo: ABANCA Balaídos (15.668 espectadores).

Incidencias: Iago Aspas recibiu antes do encontro o premio Manuel de Castro.