O xefe dos servizos médicos do Celta, García Cota, preside o comité organizador do Congreso Setrade

C6P5UMEXQAUGF9v.jpg

 

O xefe dos servizos médicos do RC Celta, Juan José García Cota, presentou esta mañá o XII Congreso Bienal SETRADE (Sociedad  española de Traumatología del Deporte) que se desenvolverá en Pontevedra os días 18 e 19 de maio.

 

García Cota, presidente do comité organizador, explicou que intentaron deseñar un programa científico acorde á realidade da Traumatoloxía do Deporte, tendo en conta o seu carácter multidisciplinar, a diversidade de factores de risco que existen segundo os diferentes deportes e os múltiples protocolos de actuación.

 

Precisou que nesta edición os eixes do congreso serán “A Carreira e o Fútbol” e apuntou que se desenvolverán os contidos en sesións con expertos, priorizando o debate e o intercambio científico. Haberá ademais, comentou García Cota, conferencias maxistrais impartidas por prestixiosos ponentes nacionais e internacionais e realizaranse talleres prácticos, simposios de fisioterapia e sesións de comunicacións relacionadas coas liñas temáticas do congreso.

Leave a Reply

10 − one =