O Xuvenil A imponse ao RC Deportivo en ‘O Noso Derbi’ (0-2)

O RC Celta Xuvenil A impúxose este domingo ao RC Deportivo (0-2) en ‘O Noso Derbi’ da categoría. Os dous goles do conxunto celeste foron obra de Miguel Rodríguez. O equipo que dirixe Jorge Cuesta suma seis puntos tras dúas xornadas e buscará continuar coa súa boa dinámica o vindeiro domingo ante o CD Lugo na Madroa a partir das 12.15 horas.