O Xuvenil A viaxa a Holanda para xogar a Esad Osmanovski Memorial Cup

O Celta Xuvenil A desprázase a próxima semana á cidade neerlandesa de Breskens para disputar a Esad Osmanovski Memorial Cup os días 2 e 3 de xuño. Os celestes enfrontaranse nunha primeira fase ao Sparta Róterdan, o Rosenborg BK e o Heerenveen nunha competición que reúne a outros clubs importantes de Europa como Vitesse, Antwerp, Aarhus ou o nixeriano Top Level Academy.

A Esad Osmanosvski Memorial Cup rende homenaxe ao futbolista Esad Osmanovski, falecido súbitamente durante un adestramento con tan só 23 anos.