Hemeroteca canteira

O xuvenil Duclós, pre-convocado pola Selección de Perú de cara ao Campionato Sudamericano Sub-20

RC Celta

duclos-peru.jpg

O futbolista do Celta regresa ao combinado peruano tras participar en varios amigables en setembro

 

Francisco Duclós (1996), defensa do Celta Xuvenil División de Honra, regresa á Selección de Perú. O futbolista do Celta foi pre-convocado de cara ao Campionato Suramericano Sub-20 que se celebra en Uruguai o próximo mes de Xaneiro.

 

O defensor céltico debutou coa Sub-20 en setembro, cando foi chamado para participar nunha xira de amigables por Arxentina e Uruguai que serviron de preparación para a competición continental na que podería participar se o seleccionador inclúelle na lista definitiva. A convocatoria final anunciarase en torno ao 20 de decembro.

 

A presenza da canteira do RC Celta nas seleccións nacionais continúa reforzándose tempada tras tempada, un logro máis que referenda o intenso traballo que o club vigués e a Fundación Celta realizan para fortalecer e mellorar o proxecto de canteira céltico.

 

Foto: www.fifa.com

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas