aficion.jpg
Celtismo

Os abonados do RC Celta poden retirar desde esta tarde dúas invitacións para o partido ante o Sevilla

RC Celta

O RC Celta afronta este domingo un partido de máxima importancia ante o Sevilla no que o apoio da afección volverá ser esencial. O obxectivo do club é encher o estadio, empuxar aos xogadores cara á vitoria e volver demostrar que a unión equipo-afección é capaz de superar calquera adversidade.

Debido a diversos problemas técnicos, a venda destinada a todos os abonados de entradas a 5€ para o partido Celta-Sevilla non puido activarse este martes, tal e como estaba inicialmente previsto.

O RC Celta pide desculpas aos seus abonados polas molestias que poidan ocasionarlles estas incidencias e ofrécelles a posibilidade de que cada socio poida retirar dúas invitacións totalmente gratuítas para o vital encontro deste domingo ante o conxunto andaluz. Non se despacharán, por tanto, localidades ao prezo reducido de cinco euros para socios.

As invitacións, dúas por cada abonado e que só se poden tramitar online -imprescindible introducir a ID do carné de abonado- estarán dispoñibles na web ticketsabonados.rccelta.es. a partir das 16,00 horas de hoxe. Ademais, o club tamén pon á venda entradas para o público xeral a partir de 15 euros en tickets.rccelta.es. O domingo 9 de febreiro, día de partido, os despachos de billetes do estadio despacharán entradas desde as 10:00 até as 18:30 horas.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas