Celtismo

Os abonados do RC Celta poderán xestionar a devolución, renuncia ou troco da parte proporcional do seu abono

RC Celta

O RC Celta foi un dos primeiros clubs da liga en comunicar aos seus abonados que no caso de que non se disputasen ou non puidesen asistir aos partidos restantes para a conclusión do campionato procedería á devolución do importe proporcional do abono. O club mantén o seu compromiso e a partir do próximo luns porá a disposición daqueles abonados que desexen recibir o reintegro un completo mecanismo online, na páxina web rccelta.es, que permitirá xestionar de maneira sinxela esta devolución.

Ademais desta posibilidade e por recomendación da Liga de Fútbol Profesional para paliar os duros efectos económicos do COVID-19, o RC Celta pon a disposición dos seus abonados outras dúas opcións.

  • A primeira delas consiste en renunciar á devolución co obxectivo de que o club destine esa contía á Fundación Celta, cuxa labor é ben coñecida tanto na posta en marcha de iniciativas de carácter social para axudar aos colectivos máis desfavorecidos ou colaborar coa sociedade cando xorden necesidades como a loita contra o COVID-19, como promocionar os valores do deporte e o manter e desenvolver un dos alicerces do club: a canteira.
  • A segunda opción consiste en recibir un moedeiro virtual que permitirá aos abonados colaborar co club nesta complicada situación económica destinando esa parte proporcional do abono a gozar dos habituais produtos e doutros servizos exclusivos ofrecidos pola entidade celeste. Ademais, no caso de que se disputasen partidos con capacidade reducida, os que opten por esta alternativa terán preferencia mediante pago a través deste moedeiro dixital para asistir a estes encontros. Poderán ademais gozar de experiencias VIP exclusivas ou compras con vantaxes nas tendas oficiais.

Todas estas xestións pódense realizar de maneira segura e sinxela na web rccelta.es, onde se facilitará desde este luns unha completa información para realizar estas xestións e resolver calquera dúbida que poida xurdir.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas