A Canteira

Os canteiráns do once de ouo D.O. Celta, invitados de excepción ante o Espanyol

RC Celta





O debut ligueiro do RC Celta na tempada 2018/19 tivo a once espectadores de excepción: os canteiráns celestes que conforman o “Once de Ouro Denominación de Orixe Celta”. D.O. Celta é un innovador sistema de valoración de xogadores deseñado e utilizado polas categorías inferiores do RC Celta. Este método de avaliación non só ten en conta os aspectos futbolísticos, senón que outorga especial valor ao comportamento, os valores e o rendemento académico.

O once xogadores con mellor avaliación durante a tempada 2017/18, foron premiados coa asistencia ao partido Celta-Espanyol, acompañados polas súas familias. Os mozos celestes puideron gozar dunha experiencia única, coñecer os interiores do estadio ABANCA Balaídos e ver o partido desde unha posición privilexiada. O presidente celeste Carlos Mouriño recibiu aos canteiráns e aos seus familiares antes do inicio do encontro.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira

Noticias recomendadas