Os xogadores do RC Celta adéstranse sobre o céspede da Madroa

Os xogadores do RC Celta volveron este luns aos adestramentos da Madroa. Repartidos en tres campos, os futbolistas alternaron traballo físico e exercicios con balón. Todos os xogadores, así como o corpo técnico e resto de empregados presentes na cidade deportiva cumpriron todos os protocolos de seguridade marcados por LaLiga e as autoridades sanitarias.