Primeiro Equipo

Pape redondea a ‘aliñación’ de canteiráns do RC Celta: 11 xogadores de casa

RC Celta



Once canteiráns no primeiro equipo, cifra impoñente que enche de orgullo ao celtismo. Pape Cheikh regresa a casa e, tras o retorno de Santi Mina e Denis Suárez, redondea esa “aliñación” de xogadores da canteira no RC Celta. O novo futbolista, de 22 anos de idade, chega do Olympique de Lyon en calidade de cedido con opción de compra para reforzar o centro do campo celeste.

Pape é un xogador de gran despregamento físico, cunha gran potencia na condución, precisión no pase e unha enorme capacidade para presionar con firmeza e recuperar balóns. Futbolista con moita calidade co balón e intuición, forza e decisión sen el, formouse nas categorías inferiores do Celta, club no que recalou no ano 2013, e foi traspasado ao conxunto francés dous anos atrás.

O seu regreso eleva a once o número de canteiráns no primeiro equipo e redobra o sentido da lema ‘Isto vai de corazón’ elixido para a exitosa campaña de abonados da presente tempada. Pape será presentado o próximo luns 19 de agosto ás 19:00 no estadio Abanca Balaídos e os afeccionados poderán acceder á bancada de Tribuna Baixa polas portas 3 e 8 desde media hora antes.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas