Pesar no RC Celta polo falecemento do exentrenador celeste Radomir Antić

Pesar na familia celeste polo falecemento nas últimas horas de Radomir Antić (Serbia, 1948), exadestrador do RC Celta na tempada 2003/2004. O club vigués desexa trasladar o máis sentido dos pésames a toda a súa familia e amigos. D.E.P.