pione sisto despedida 2020
Primeiro Equipo

Pione Sisto xogará no FC Midtjylland a próxima tempada

RC Celta

O RC Celta e o FC Midtjylland alcanzaron un acordo para o traspaso do extremo danés Pione Sisto, que abandona o conxunto celeste despois de catro tempadas. O RC Celta gárdase unha porcentaxe dunha futura venda.

Pione Sisto participou en 135 partidos oficiais coa camiseta do RC Celta nos que repartiu 14 asistencias e anotou 18 goles.

O club quere expresarlle a Pione Sisto o seu agradecemento pola súa entrega e traballo durante a súa estancia no RC Celta e desexarlle a maior das sortes na súa nova etapa deportiva.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas