muros_.jpg
Fundación

Presentación do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2019 en Muros

RC Celta

Na mañá de hoxe, presentouse na Casa do Concello o Campus de Verán da Fundación Celta by Cabreiroá.

A actividade contará coa presenza de máis de 20 cativos/as e desenvolverase no campo de fútbol municipal da Agra da Filgueira (Louro). Con esta actividade o Concello de Muros segue apostando por actividades deportivas e saudables para os nenos e nenas. Con esta, xa é a segunda edición deste campus de verán, e únese a outras actividades como os Clínics de Nadal e Semana Santa e a Escola de Tecnificación que tivo lugar neste curso 2018/19.

Na presentación estiveron presentes, Inés Monteagudo, alcaldesa do Concello de Muros, Juan Martínez, concelleiro e Germán Arteta, director da Fundación Celta.

Datas do campus: 01/07/2019 a 05/07/2019

De 10.00 a 14.00 h. O venres os nenos e nenas quedarán a comer no campo e pola tarde farase a entrega dos diplomas nunha actividade na que poderán participar os pais e as nais.

Idades dos/as participantes: 4 a16 anos

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira

Noticias recomendadas