Fundación

Presentación do Campus Fundación Celta by Cabreiroá en Oroso

RC Celta

As instalacións do Sigüeiro Xuventude Oroso acolleron esta mañá mércores 15 de xullo, ás 13:00 horas, a presentación do Campus Fundación Celta by Cabreiroá, unha iniciativa organizada pola Fundación Celta de Vigo e o Concello de Oroso dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.

Acudiron representando ao Concello Manuel Mirás, alcalde da localidade, Antonio Leira, concelleiro de deportes e José Ferro, presidente do Xuventude Oroso. Representando á Fundación Celta de Vigo acudiron Germán Arteta, director da Fundación e Álex Abalde, coordinador xeral de campus e clinics  e responsable de Celta Integra.

O campus, que vén celebrando desde hai xa unha década, terá lugar entre o 3 e o 7 de agosto no Campo Municipal Liño Balado e cumpre con todos os protocolos sanitarios de protección fronte ao COVID-19. Inclúe ademais un equipamento ADIDAS e un desconto para empadroados no Concello de Oroso.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira

Noticias recomendadas