RC Celta B – RC Deportivo Fabril: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou todos os xogadores dispoñibles para o partido da xornada 21 de Segunda División B ante o RC Deportivo Fabril (domingo, 16:00, Barreiro).

A lista fórmana Fran, Iván Villar, Pablo, Alende, Manu Farrando, Pampín, Jacobo, Robert Costa, Ros, Pastrana, Rai, Dani Molina, Ibán Salvador, Solís, Dani Vega, Bermejo e Apeh.

Aarón é baixa por lesión, Riki Mangana está concentrado coa súa selección e Álex Serrano é baixa por sanción.