RC Celta

O Grupo RCCelta está conformado por:

    • Real Club Celta de Vigo, S.A.D.,
    • Afouteza e Corazón, S.L.U., e
    • Fundación Celta de Vigo

O Grupo RCCelta dedícase ao desenvolvemento de negocios vinculados ao mundo do futbol, cuxa actividade se centra na participación en competicións de carácter deportivo, en promover o deporte base e en xeral, outros negocios vinculados ao mundo do futbol (como son as tendas de venda polo miúdo de produtos vinculados ao deporte e artigos multimarca).

Ademais, o Grupo desenvolve outras actividades a través de negocios non relacionados co mundo deportivo, como é o caso do ámbito sanitario a través da clínica médica ou o ámbito da educación a través de cursos de formación e capacitación en valores sociais. Realiza tamén actividade como patrocinador do deporte en xeral, arrendatario de espazos para eventos e explotación compartida de negocios de restauración.