entradas-gratis-abonados-leganes-2018.jpg
Celtismo

RC Celta-Leganés: cada abonado dispón dunha entrada gratuita

RC Celta

O RC Celta despide o ano en ABANCA Balaídos este venres ante o Leganés (21.00 horas) nun partido no que os celestes buscarán a súa terceira vitoria consecutiva. Como ‘agasallo navideño’ para a súa masa social, o club pon a disposición dos seus abonados unha entrada gratuita para este interesante encontro. Cada abonado poderá retirar nas billeteiras desde este mércores e presentando o seu carné en vigor unha entrada para a súa mesma grada (ata final de existencias) antes do venres ás 17.00 horas.

O horario de billeteiras para esta promoción destinada aos abonados celestes é: mércores e xoves de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e o venres de 10.00 a 17.00 horas de xeito ininterrumpido.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas