Miguel Cardoso: “Necesitamos que a bancada sexa forte mañá porque é un partido importante”

Beltrán: Fran Beltrán adestrou onte e hoxe completamente libre. Tivo unha recuperación moi boa que nos deixa contentos porque estabamos curtos de opcións no medio. Nos ofrece máis opcións para escoller e cambiar escenarios durante o partido…

Final mañana: Considero que é un encontro importante. Para un equipo que busca cambiar o seu contexto deportivo na clasificación son tres puntos que poden darlle unha enerxía importante

Descenso: Cando cheguei coñecía a situación na que estaba e o traballo que tiñamos por diante. Estamos nun punto A que non nos gusta y queremos llegar a un punto B. Cando estemos nel definiremos outro punto para seguir avanzando.

Responsabilidade: Cando o luns dixe que non era o RC Celta de Cardoso non quise dicir que non teña responsabilidade. A teño dende o minuto un. Quise dicie que o equipo non é meu, senon dos xogadores.

Cambios na alineación: Pode haber algúns. Na miña cabeza hai varios escenarios, pero é natural que existan cambios.

Idea de xogo: A idea de xogo non é negociable. É algo no que creemos e no que imos traballar. Queremos facer cambios para mellorar porque cada partido é un momento distinto.

Rival: Creo que o partido vai ter diferentes momentos e estamos preparados para todos. A SD Huesca é un equipo duro que nalgúns instantes vai intentar achicar e noutros presionarnos.

Estado do céspede de Balaídos: O campo está perfecto.

Máis importancia do rival ou do xogo propio: Me gusta que no aparezan sorpresas e que os futbolistas xoguen o encontro previsto. Hai distintos escenarios que hai que ter traballados.

Maxi Gómez: Non quero falar de individualidades. É importante facer unha construcción colectiva. Temos claro que o equipo vi mellorar como grupo e hoxe somos máis fortes que onte.

Moitos goles encaixados: Non me gusta que os equipos encaixen moitos goles e prefiro gañar 1-0 que 4-3. É importante a táctica individual e colectiva.

Plantel: Este momento non é para reflexionar sobre o plantel, senon en cómo seremos capaces de facer mellores aos xogadores. Hai dúas formas: de maneira individual e como equipo.

Júnior Alonso de central: O valoro como central, pero non quita que poida xogar tamén de lateral. Vai depender deo momento.

Lesionados: No caso de Jensen creemos que está na fase final da súa recuperación. Con Lobotka hai que ter cuidado porque vai estar un mes parado ao sumar dúas lesións consecutivas.

Debut en Balaídos: Creo que é o momento de que todo comprendamos a nosa tarea. O RC Celta ten un espíritu forte e é o momento de que a bancada sexa forte y nos aporte enerxía. A vin en partidos anteriores e ten momentos incribles.