RC Celta – SD Huesca: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a dezanove xogadores para o partido da decimocuarta xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe á SD Huesca en Abanca Balaídos (sábado, 13:00).

A listaxe completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Okay, Emre Mor, Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Sisto, Rubén, Hjulsager, Juncà, Boufal, Kevin, Jozabed, Cabral, Brais Méndez e Júnior Alonso.

Son baixas por lesión Lobotka e Jensen. Mazán, Roncaglia e Radoja non entran na listaxe.