RCD Mallorca – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte e cinco xogadores para o partido da trixésimo terceira xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao RCD Mallorca (martes, 19.30, Visit Mallorca Estadi).

A listaxe completa fórmana: Nolito, Araujo, Okay, Denis Suárez, Juan Hernández, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Bradaric, Olaza, Sáenz, Aidoo, G. Fernández, Kevin, Murillo, Santi Mina, Brais Méndez, Pape Cheikh, Iván Villar, Bermejo, Jacobo, Fontán e Rosic.

Sergio Álvarez, Fran Beltrán e Junca son baixa por lesión. Hugo Mallo non estará dispoñible ao sufrir molestias nun pé.