Primeiro Equipo

Reparto de puntos nun derbi no que o Celta xogou con dez moitos minutos

RC Celta

 celta - depor webnueva

1-1 marcado pola expulsión ao comezo da segunda metade de Cabral

 

Bo arranque do Celta, intenso, pero coa pausa necesaria para desenvolver o seu fútbol. E ao sete minutos, gol do cadro local. Gran roubo atrás, contra veloz de Iago Aspas, cuxo envío acaba, tras rexeitar Aranzubía, nas botras de Mario Bermejo para que o ariete anotase na área pequena.

 

Os celestes xogaban cómodos, con soltura e levaban gran perigo en cada chegada. Cabral rematou unha falta aos 13 minutos e o coiro rozou o pau esquerdo de Aranzubía. Iago Aspas rematou cruzado pouco despois e a meta desviou o xusto para evitar o tanto.

 

O Deportivo tratou de refacerse e alargou as súas posesións, aínda que non lograba crear perigo sobre a área celeste, ben protexida por unha zaga extremadamente solvente. Con todo, aos 28 minutos apareceu a maxia de Valerón, que lle entregou o tanto a Juan Fernández. Empate a falta de pouco máis de cuarto de hora para o descanso.

 

Até o final, algunha chegada celeste e polémica por un par de entradas nas que a afección local reclamou unha vermella para Marchena e a segunda amarela para Ze Castro.

 

Tras a continuación, a polémica avivouse. Cabral viu dúas amarelas consecutivas por entradas máis mornas que as que os celestes sufriron na primeira metade. O Celta quedaba con dez con toda a segunda parte por diante. Debutou Samuel, substituto de Bermejo. Os célticos tiraron de caste e encerraron ao Deportivo na súa área nos seguintes minutos. Co primeiro cuarto de horqa cumprido, gran ocasión de Roberto Lago tras unha preciosa xogada. O remate saíu desviado por moi pouco.

 

O partido se trabó despois, desapareceron as ocasións, co Celta realizando un gran sobreesfuerzo. O gol puido chegar aos 25 minutos tras unha xogada espectacular, con pase final de Hugo Mallo a Iago Aspas e remate da raia do moañés que rozou o pau. No tramo final, o Deportivo tiña maior posesión e o Celta asustaba á contra. Repartición de puntos nun derbi intenso ante unha afección exemplar.

 

FICHA TÉCNICA

R.C.Celta: Javi Varas, Hugo Mallo, Cabral, Túñez, Roberto Lago, Oubiña, Álex López, Augusto (Toni, min.80), Mario Bermejo (Samuel, min.52) , Krohn-Delhi e Iago Aspas (Park, min.84)

 

Deportivo: Aranzubía, Laure, Ze Castro, Marchena, Ayoze, Juan Domínguez, Begantiños, Pizzi, Valerón (Camuñas, min.77), Bruno Gama (André Santos, min.89) e Riki (Nelson, min.62)

 

Goles: 1-0, min.7: Mario Bermejo; 1-1, min.28: Juan Domínguez

 

Árbitro: Undiano Mallenco, do comité navarro. Expulsou a Cabral (min.50) e amoestou a Oubiña, Krohn-Delhi, Ze Castro,  Marchena, Juan Domínguez e Laure

 

Campo: Estadio de Balaídos, 24.875 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas