Riki e Iban Salvador, convocados con Venezuela e Guinea Ecuatorial

Os xogadores do Celta B Riki Mangana e Iban Salvador foron convocados polas súas seleccións para partidos internacionais. Riki concentrarase en España coa Selección de Venezuela Sub-20 entre os días 8 e 17 de outubro para a disputa de dous encontros de preparación, mentres que Iban Salvador participará con Guinea Ecuatorial nos encontros da terceira e cuarta rolda da Copa Africana de Nacións Camerún 2019. O dianteiro do filial medirase coa súa selección a Madagascar os días 13 e 16 de outubro.

As convocatorias internacionais destes dous xogadores do filial engádense á xa coñecida de Pampín coa Selección Española Sub-19.