Rubén Blanco abandona a enfermaría celeste

Boas noticias no parte médico do RC Celta. Rubén Blanco recibiu este sábado a alta médica tras completar con normalidade o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros. O porteiro celeste estará a disposición de Óscar García de cara ao importante encontro de LaLiga ante o Leganés. Beauvue, Juncà e Iván Villar continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.