Rubén Blanco alcanza os 100 partidos en Primeira División co RC Celta

Rubén Blanco alcanzou este martes ante o RCD Mallorca os 100 partidos en Primeira División co RC Celta. O canteirán de Mos acumula esta tempada 31 encontros na máxima categoría do fútbol nacional e en 10 deles deixou a portaría a cero.