Rubén Blanco, no Team of The Week de EA Sports

Rubén Branco forma parte do Team of The Week de Ea Sports pola súa notable actuación baixo paus coa camiseta celeste. O canteirán de Mos acumula esta tempada 10 partidos sen encaixar gol e acaba de cumprir 100 encontros co RC Celta en Primeira División.