Primeiro Equipo

Sergio Álvarez e Iago Aspas, gañadores ‘ex aequo’ do Premio Xogador Estrella Galicia da tempada

RC Celta

sergioaspaseg.jpg

 

Sergio Álvarez e Iago Aspas recibirán este domingo, na previa do partido de Liga ante a Real Sociedad, o trofeo Xogador Estrella Galicia da tempada. Con dous galardóns cada un, os canteiráns celestes son os xogadores que máis veces recibiron o título que Estrela Galicia entregou cada mes durante esta campaña.

 

Outros futbolistas célticos que se fixeron con este premio, adxudicado segundo as votacións da afección celeste nas redes sociais do club, foron Wass, Hugo Mallo, Radoja e Sisto.

 

Tanto Iago Aspas como Sergio Álvarez asinaron unha tempada sobresaliente na que foron partícipes, xunto ao resto do equipo, dun ano memorable no que o cadro galego alcanzou as semifinais da Copa do Rei e a UEFA Europa League.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas