Hemeroteca celtismo

Sigamos unidos, sigamos soñando: carta á afección

RC Celta

aficionenoldtrafford.jpg

 

Caemos, pero a decepción ou a tristeza, tan intensas agora mesmo, non deben encher o noso corazón. Somos celtistas. Sempre fixemos e faremos oco ao orgullo e á esperanza. Hoxe estamos abatidos, mañá pensaremos en que fixemos historia, en cando chegará a próxima oportunidade. E en que, sen dúbida, aproveitarémola.

 

E, pese á dor, sempre hai espazo no noso corazón celtista para a gratitude. Este grupo de técnicos e xogadores crearon unha páxina máis no libro da nosa historia, loitaron ata a extenuación, caeron con orgullo e levantaranse con decisión. Grazas a todos eles por ilusionarnos ao máximo nunha competición tan dura e esixente. E, pese á desilusión, inmensa gratitude a unha afección que creu, empuxou, alentaou cunha paixón desbordante, que lle ensinou ao mundo, con claridade absoluta, o significado de afouteza.

 

Unha vez máis, a unión de equipo e afección foi determinante e exemplar nun camiño cheo de grandes obstáculos que nunca escureceron a nosa esperanza. Sigamos unidos, sigamos soñando.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas