O rendemento de Pione Sisto no campo do Eibar, onde asinou un gol e dúas asistencias, tivo o seu merecido recoñecemento por parte de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada xornada elixe aos mellores futbolistas de Primeira División en base a datos estatísticos. O xogador danés foi nomeado ‘Xogador Máis Valioso’ (MVP) e aparece no 11 Ideal da Xornada 6 xunto a Pablo ‘Tucu’ Hernández, que demostrou unha vez máis a súa valía no mediocampo vigués.