Hemeroteca canteira

SportGal: actividades, sorteos e xogadores do Celta no stand da Fundación

RC Celta

sportgal

 

A Fundación Celta estará presente no SportGal, a I Feira Deportiva Galega, que se desenvolverá entre os días 18 e 20 no Recinto Feiral de Vigo (IFEVI). A caseta da Fundación contará o sábado coa asistencia de xogadores do RC Celta e organizará diversas actividades e sorteos de camisetas asinadas e entradas.

SportGal nace co obxectivo de ser o principal punto de encontro entre deportistas, marcas deportivas, federacións, entidades, institucións e profesionais vinculados ao mundo do deporte e a vida saudable que queiran exhibir os seus produtos, novidades, servizos e últimas tendencias deportivas ao público nun contexto no que o visitante poderá asistir ás exhibicións programadas no recinto e participar das actividades deportivas propostas no programa.

 

PROGRAMACIÓN STAND FUNDACIÓN CELTA

– Días 18, 19 y 20: actividades, sorteo de entradas e de camisetas asinadas

– Día 18: taller de maquillaxe do Celta, de 17 a 19h

– Día 19: taller de maquillaxe, de 11 a 13h | Sintaura de xogadores, de 17:30 a 18:30h

– Día 20: taller de maquillaxe, de 11 a 13h e de 17 a 19h

 

Máis información: www.sportgal.es

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas