Hemeroteca canteira

Traballada e importante vitoria do Celta B en Barreiro ante a Peña Sport

RC Celta

celta_b_pena_sport_171015.jpg

 

O Celta B traballou a reo para sumar unha valiosa vitoria en Barreiro e recuperar sensacións e confianza. Derrotou á Peña Sport, equipo correoso, ordenado e con oficio, con gol de Luís Rioja para sumar tres puntos de gran importancia.

 

Desde o primeiro instante, tras unha boa parada inicial de Iván aos poucos segundos de xogo, a Peña Sport mostrou sen disimulo as súas intencións: os once defendendo no seu campo, literalmente. Maraña tremenda que abocaba ao filial a armarse de paciencia ou buscar un balón longo para ir á pelexa.

 

Os celestes intentárono de ambos xeitos, máis do primeiro,  sen éxito no primeiro tramo de partido, co rival enteiro físicamente e concentrado en defensa. Moitas chegadas sen premio, nin ocasións excesivamente claras, e unha posesión escandalosa. A mellor ocasión chegou aos 36 minutos cunha arrancada de Borja Iglesias e un remate de Fragapane na área que desviou con moitos apuros o meta visitante.

 

Tralo descanso, partido máis trabado, máis cómodo para a Peña, feliz no enredo permanente, sen desordenarse nin un só instante. Aos 24 minutos chegou o premio ao dominio e a constancia do filial. Gran pase en profundidade de Jullo Delgado, recén entrado, e xenial definición de Luís Rioja. Iván Villar realizou a parada do dia aos 40 minutos á saída dun córner. Remate de socato e reflexos e axilidade incribles do canteirán. Gran vitoria para recuperar confianza.

 

1-Celta B: Iván Villar, Kevin, Jonathan de Amo, Goldar, Borja Fernández, Jordan, Luis Rioja (Lucas Olaza, min.90), Guille (Julio Delgado, min.67), Fragapane (Rubén Ramiro, min.57) e Borja Iglesias

 

0-Peña Sport: Jorge, Eder, Garde, Iván, Ezkurra, Beñat, Cardo (Monreal, min.87), Álvaro (Giles, min.63), Imanol (Maeztu, min.71), Jorge R. e Manjón

 

Goles: 1-0, min.68: Luis Rioja

 

Árbitro: Bueno Prieto, dol comité madrileño. Amonestpu a Jordan, Iván, Cardo e Imanol

 

Campo: Barreiro, uns 1000 espectadores

 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas