Hemeroteca celtismo

UEL | Desconto do 50% para abonados nas entradas do Celta-Genk

RC Celta

uel081216.jpg

 


MERCA AS TUS ENTRADAS AQUÍ


 

O Celta segue soñando en Europa. Os de Berizzo igualaron o teito histórico do club na Europa League clasificándose aos cuartos de final do torneo, nos que se xogarán o pase a semifinais ante o Genk de Bélxica. Balaídos acolle o partido de ida dunha eliminatoria na que o apoio do celtismo será clave para superala.

 

As entradas para o partido, programado para o xoves 13 de abril ás 21:05, xa están á venda en Balaídos e no despacho de billetes en liña cuns prezos que oscilan entre os 20 e 40 euros para SUB-25 e entre 40 e 70 para ADULTO. Os abonados do RC Celta beneficiaranse dunha promoción exclusiva para eles: poderán retirar ata dúas entradas da súa mesma categoría para calquera bancada cun 50% de desconto presentando o carné de abonado no momento da compra.

 

Os despachos de billetes permanecen abertas de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. As entradas tamén están dispoñibles na web www.celtavigo.org/taquillaCelta.

 

preciosgenkok.JPG

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas