Primeiro Equipo

UEL | Un bo Celta cae pola mínima e deixa a eliminatoria por resolver en Ucraína

RC Celta

finalfb160217.JPG

 

O Celta caeu no primeiro partido de dezaseisavos de final da Europa League. Fíxoo cun gol á contra no que a sorte se aliou co Shakhtar: un resbalón, un mal rexeite… e balón ao fondo da rede celeste. O equipo vigués foi de menos a máis e chegou a ofrecer momentos de moi bo fútbol. A pesar de controlar o partido no segundo tempo e encadear suficientes chegadas de perigo como para macar, o empate non chegou. O Celta deberá armarse de afouteza para conseguir a clasificación no partido de volta, en Ucraína.

 

Os galegos protagonizaron numerosas chegadas á área rival no primeiro tempo e, con todo, apenas rematou a porta. Bongonda e Guidetti tiveron boas ocasións para marcar, pero os atacantes célticos non definiron con acerto. Cando mellores sensacións ofrecían os de Berizzo chegou o gol ucraíno, á contra, tras unha falta a favor dos celestes. A fortuna aliouse co Shakhtar e Gustavo Branco marcou tras un resbalón de Cabral e un rexeite de Bongonda.

 

Os vigueses melloraron e moito tras a continuación. O cadro céltico fíxose co balón e despregou o seu fútbol vistoso e acumulou un bo puñado de ocasións. Pero enfronte estaba o Shakhtar, un equipo rochoso e ordenado, cun nivel de presión moi alto e que saía á contra cunha velocidade endiablada.

 

E a quince minutos para o asubío final chegou a xogada polémica do partido. Ratiskyy derrubou a Guidetti na área ucraína no que parecía un claro penalti, pero o colexiado non o viu así e indicou man do dianteiro sueco. Non se renderon os xogadores do Celta, quen pelexaron sen tregua en busca do gol. Non chegou e agora o equipo deberá viaxar a Ucraína con todo a súa coraxe disposta a reverter a eliminatoria. O vindeiro xoves o desenlace.

 

FICHA TÉCNICA

0-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja (Jozabed, min.74), Wass, Pablo Hernández, Iago Aspas, Bongonda (Sisto, min.57), Guidetti (Rossi, min.84).

 

1-SHAKHTAR: Pyatov, Srna, Ordets, Rakitskyy, Ismaily, Fred, Malyshev, Marlos (Azevedo, min.90), Dentinho (Kovalenko, min.46), Taison (Bernard, min.83), Blanco.

 

Goles: Gustavo Blanco, 0-1, min.26.

 

Árbitro: Gediminas Mazeika, de Lituania. Amonestou a Radoja, Wass, Iago Aspas (Celta); Ordets, Taison, Srna, Malyshev, Rakitskyy (Shakhtar).

 

Campo: Balaídos (18.318 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas